Unha grella[1] é unha estrutura de variñas metálicas paralelas que serve para cociñar sobre as brasas, principalmente carne ou peixe[2].
Atópase a unha distancia prudencial do lume ou das brasas. Os alimentos reciben calor amodo, e unha vez que as carnes están prontas, achégase un pouco máis a grella á calor e así se consegue que a parte externa das carnes se tornen dunha cor máis dourada, dándolle unha mellor presentación, ademais de ficar crocante e eliminar posíbeis graxas residuais da carne. A carne arranxada sobre grellas é especialmente típica nas gastronomías española (moi salientábel en Galicia), portuguesa, estadounidense, arxentina, boliviana, chilena, uruguaia, peruana, paraguaia e venezolana, mais especialmente na arxentina.
No Río da Prata, dada o estendido costume de comer carne asada con gran frecuencia, é común que o patio traseiro das vivendas teña unha barbacoa ou churrasqueira feita en ladrillo e con cheminea, na que se fai lume de leña e se cociña o asado a pouco lume. Tamén é común en Galicia ter unha lareira ou churrasqueira exterior nun alpendre para facer churrascos na grella: carnes, costelas, chourizos crioulos ou peixes (sardiñas, bacallau...) e hoxe en día pola influencia anglosaxoa: salchichas e hamburguesas.